Archivo del blog

sábado, 13 de julio de 2019

Andainas dos pensamentos P 20

Pozo Barrento
3).- Andainas dos pensamentos  P 20



Nº 20

Cando os teus ollos bañáronse arroibados
polas bágoas da incomprensión
ocupaches o meu peito, escondida estás,
e dentro dos latexados da miña alma
ao teu corazón fixeches niño, son vivo.

Só podo darche o meu espírito e vixiar a túa pena.

Os teus soños, por un instante,
uníronse ás caricias das miñas mans,
e un sopro vindo de lonxe
fixo música nos recunchos tendidos
dos miles de praceres durmidos.

Cruzan bicos insonoros por milleiros
por diante dos teus ollos case abertos,
de súpeto víchesme, e un leve sorriso
desatou o nó das miñas dúbidas, que voando
dolorosas sobre escuro pensamento
fixéronme crer que ilusión e verdade,
no crisol dos meus soños, parecían realidade. 


No hay comentarios: