2).- Versos atopados P 13
Poema nº 13
Sabes ver, sei que sabes ver
a esperanza sempre viva,
tras o horizonte escondida,
buscando miradas de amor.
Sabes oir, sei que sabes oir
o son ansioso perdido,
sufrindo o mudo latexado,
tras o teu destruído corazón.
Remedios, buscas remedios
a problemas sen solución
despois de perder a ilusión
de cambiar amor por vida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario