Archivo del blog

viernes, 12 de julio de 2019

Versos atopados P 14

Pozo Barrento
2).- Versos atopados  P 14



Nº 14

Mergullando plenamente submerso na auga do meu descanso,
pisando os cantos rodados da escura e eterna vacuidade,  
por min, con fervor, por min rezade, escabrosas dúbidas da miña vida.

Nada hai máis fácil que ver na escuridade, experimentar a nada,
vendo figuras na pantalla. Unha ilusión caprichosa.
Unha mancha sen forma, pero de contorno dentado
vese convertida en corpo, diluído na nebulosa
da imaxinación ideada. Ollos deformes, xunto a pestanas
que crecen cara a dentro, como crece a virtude na alma,
como no corazón o pecado.
Son soños dispersos, sen norma. Ilusións truncadas, sen resposta,
resplandores nun mundo morto, intereses sempre escuros,
obxectivos inxustificados. Recreo nun mundo desalmado.


No hay comentarios: