Archivo del blog

sábado, 13 de julio de 2019

Versos Atopados P 15

Pozo Barrento
2).- Versos atopados  P 15



Poema nº 15  

Cando acariñabas as miñas mans sentía
bolboretas no corazón da miña alma.
Sempre foi o teu sorriso o que alegraba
a miña cara e oía nos teus xestos as doces notas
da música composta nos teus ollos,
partitura lida na dozura da túa mirada.
De súpeto descubrín o raio de luz
bailar sobre a fenda que o deitaba.
Imaxineime o día chamando á porta.
Por algo o galo cantara notas
de espertador preguiceiro, e as miñas mans
engurraron sabas de pureza, húmidas
pola suor da noite, ou serían choros de tristeza,
ou porvir incerto, puidesen ser cambadelas
traizoeiras pululando en mundo efémero.
Aínda non sei porque morriches, noite,
se no día non es ninguén, se sabes con certeza
que o meu soño non acabou o meu descanso.
Humidais bañáronme os pés, frescor interminable
de pracer, o sol por fin deume labazadas
con esa monótona vida. Xamais pensei que sería así.
E dixen adeus ao meu pai, e dixen adeus á miña nai.
Convertinme en eu e a miña circunstancia incerta.
Quixen voar só, sen mans que me freasen, nin ventos
que me levasen a favor dun obxectivo.
Quixen ser un eu aínda que non fose igual
ao que para min soñaran. 


No hay comentarios: