2).- Versos atopados P 16
Poema
nº 16
Eu soñei que me escapaba
ao cabo do mundo, nadando,
pero volvín e non vin nada
que merecese a pena lembrar.
Fixei a miña vista no horizonte mariño
e a posta de sol non era un soño.
Era a beleza dunha bóla de ouro
que se ía escondendo aos poucos
tras a auga azul da realidade do mar.
Proxectábanse na miña mente escenas
que ansioso quixese atravesar
co dedo da miña curiosidade,
coa palma da miña man, afeita a mesar
os cabelos amarelos das louras sereas
que nadaban entre raios de sol
nas praias portuguesas, cheas de área,
brisa, cheas de vida, lembrando xogos
entre as cálidas caricias das ondas
da tarde que termina declinando
coa posta de sol entre as augas prateadas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario